Unha segunda oportunidade

Laia Ortiz

Nota: Artigo escrito orixinalmente en catalán

Lamento que nos vexamos abocados novamente a eleccións xerais. Lamento que non fose posible un goberno de esquerdas entre PSOE-Podemos-EU e as confluencias, cando parecía a opción viable de alternativa de cambio real … é unha mágoa realmente que o PSOE priorizase unha vez máis á nova dereita (Ciudadanos) en lugar da nova esquerda. O que está claro é que se acabou a época en que  había unha única esquerda relevante. Xa hoxe o PSOE ten menos votos que o resto da esquerda xunta. As cousas están a cambiar.

O caso é que temos unha segunda oportunidade. Isto son as eleccións do próximo 26 de xuño. Unha segunda oportunidade para facer posible a derrota do PP e a súa copia, Ciudadanos (nós dicímolo tanto en campaña coma fora de campaña).

Tamén temos unha segunda oportunidade para facer realidade este goberno do cambio. Nós temos moi claro quen son os nosos aliados. Demostrámolo no goberno de Barcelona, aprobando orzamentos coas forzas de esquerdas e ofrecendo unha fronte común para reforzar o proxecto de transformación en Barcelona cun goberno máis forte e estable.

É unha segunda oportunidade para xerar ilusión entre as clases populares e por iso celebramos o acordo entre Podemos e EU de presentar unha candidatura única. Queremos facer as cousas mellor posto que temos unha segunda volta. Hoxe a suma é imprescindible para multiplicar a marea de cambio. Todas as forzas son imprescindibles para acabar co réxime corrupto e austericida do PP.

O modelo de goberno que queremos en Barcelona é a nosa referencia e prioridade en España. Si,  neste período de negociacións reivindicamos un ‘goberno á valenciana’, agora toca un ‘goberno á barcelonesa’: unha vitoria de Podemos-EU-Compromis-En Marea, de En común Podem en Cataluña, que faga posible un goberno do cambio, ao que esperamos que se incorpore o PSOE, que peche a porta á dereita (PP e Ciudadanos), e que volva responder e a ser coherente coas demandas da xente, da maioría: defender o dereito á saúde e a educación, a pensión dos nosos avós, a dación en pago e as 5 da PAH, un traballo digno para todo o mundo, que os mozos poidan volver vivir aquí se queren, enerxía renovable e ao alcance de todo o mundo, poñer fin ás portas xiratorias, …

E por suposto, un goberno que faga realidade o referendo.  había quen cría que  renunciariamos. Está claro que non nos coñecen …  Nin un paso atrás. Témolo na man.

Si, temos unha segunda oportunidade para facer realidade o cambio. Témola que aproveitar.