A xustiza económica traduciuse fai poucas semanas nunha ola de solidaridade co pobo hondureño que ven de producirse tralo asasinato de Berta Cáceres e a retención ilegal de Gustavo Castro. Ambos militantes ambientais e sociais hondureña e mexicano respectivamente que cometeran a osadía de enfrentar o poder corporativo no seu país.
Hoxe sabemos que ese proxecto hidroeléctrico que combatian foi financiado de forma indirecta por entidades españolas como Bankia a través da banca internacional. Esta mesma entidade apoiou económicamente o proxecto hidráulico dos irmáns galegos Castro Valdivia en Guatemala. Preto da fronteira con México, a localidade de Santa Cruz Barillas enfrenta dende 2007 a inversión (Hidralia Energía) dunha empresa galega con sede no número 10 da avenida da Mariña, na cidade de A Coruña.
Os reis do kilowatio, como eran coñecidos no noso país, mudaron de pel e trasladaron o seu negocio a América Latina. Onde o goberno de Otto Perez Molina (general durante a dictadura de Ríos Montt), presidente de Guatemala contiña a resistencia indíxena a través da declaración do estado de sitio alí onde as organización sociais e a resistencia organizada eran declaradas “entidades que fomentan a conflictividade social”.
A construcción do contexto da arquitectura da impunidade precisa dun relato no que estos feitos se consideren “aillados” e ademáis, para o mantemento do “status quo” faise imprescindible manter alonxados dous lugares:
– Os espacios centrais nos que as decisións inversionistas se toman e cara a onde se bombean os beneficios empresariales.
– E aquelas zonas de sacrificio (como di Naomi Klein) nas que os impactos das políticas capitalistas infrinxen un irreparable dano nos recursos naturais dos que viven milleiros de persoas.
Hoxe, o movemento pola xustiza económica ten articulado a organizacións sociais, ecoloxistas, feministas e defensoras dos dereitos indíxenas ao redor do caso de Barillas. A solidariedade internacional ten mil caras e fórmulas novas, distintas das brigadas internacionalistas, pero pretenden se cadra o mesmo golpe de efecto.
Cando movementos socias de A Coruña trouxeron a cidade dúas representantes de organizacións de Barillas no ano 2013 e manifestámonos xuntas na porta da sede da empresa, ese espacio do que precisa a impunidade para desenvolverse viuse violado.
Desmorónase a arquitectura da impunidade cando no 2014, foi presentado o caso no Tribunal Permanente dos Pobos e ese mesmo ano durante os debates da 26 sesións do Consello de Dereitos Humanos das Nacions Unidas en Ginebra a testemuña de indíxenas de Barillas serviu para aprobar neste consello a resolución presentada polos gobernos de Ecuador e Sudáfrica que mandata as Nacións Unidas a crear un instrumento xurídicamente vinculante sobre dereitos humanos e transnacionais.
Así é como o modelo de éxito dunha empresa galega cuestiónase. Un modelo que pretende facer negocio da violación dos dereitos humanos, que vive no lodo xerado pola impunidade xurídica internacional. Do que goberno galego e do estado son cómplices a meirande parte do tempo por acción, non por omisión.
Hoxe sabemos, despois de reunirnos fai pouco co embaixador español en Honduras, que o Ministerio de Exteriores non ten a xustiza económica entre as súas prioridades. Ofrécese para ser correa de transmisión da preocupación da sociedade civil polo asasinato de Berta Cáceres e da retención ilegal de Gustavo Castro.
Palabras, igual que as que publica o MAEC na súa páxina web. Na que de forma cínica pretende amosar solidaridade cos defensores dos dereitos humanos. Mentres, as políticas económicas do mesmo estado esmagan as exiguas conquistas sociais dos pobos centroamericanos despois das combulsas décadas finais do século pasado.
Son eses os modelos de éxito empresarial que queremos exportar no noso país?
Enfoques da xustiza económica?
Dende o punto de vista da xustiza económica, as sociedades sustentables deben basearse na soberanía e o poder político dos pobos a hora de definir os seus sistemas económicos, alimentarios, enerxéticos e desenvolver as súas propias formas de vida en armonía coa natureza.
É preciso traballar pola aplicación e chegada a bo término das negociacións para acadar un sistema internacional xurídicamente vinculante para que as empresas teñan que rendir contas polas violacións dos dereitos humanos producidas polas súas actividades.
Urxe tamén xerar poder popular mediante a articulación das loitas sociais, que conducen a liberación dos territorios do control empresarial e do extractivismo. Para a derrota dos tratados de libre comercio e inversiones como o exponente actual da desregulación financieira.
Paises como Francia, veñen desenvolvendo a nivel lexislativo dende 2013 un mecanismo extraterritorial que permitiría a rendición de contas de empresas francesas que producen violación de dereitos humáns en países terceiros. Cos seus debes no caso francés, esta é obxectivamente un ferramenta da xustiza económica a impulsar en Galicia e no estado. É polo tanto unha cuestión de vontade política, ao igual que a solidariedade cos refuxiados sirios. O espacio tradicional ocupado pola impunidade desaparece se desaparece o espazo físico entre as causas e os impactos.
Cando os mortos chegan como baleas varadas as costas das illas gregas, aflora a xustiza económica. A necesidade de tender a man solidaria é un reflexo se cadra xudeo cristián, pero correspóndenos aos movementos sociais tomar a iniciativa cando se trata de vincular no consciente colectivo as razóns sociais e económicas polas cales eses nenos sirios flotan boca abaixo no mar Egeo, as razóns polas que morreo Berta Cáceres ou polas que loita o pobo de Barillas. Colocar na axenda política a xustiza económica, unha proposta que contén as necesarias accións que conlevan desmantelar o poder corporativo.