Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo Nado na vila de Muros en 1959, son profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e investigador do Instituto da Lingua Galega (USC). Fun docente ou profesor convidado das universidades de Birmingham (UK), Nova York (CUNY), California (UC), Lisboa, Coimbra, São Paulo (USP), Buenos Aires (UBA), e Montevideo, entre outras. Especialista en historia da lingua e sociolingüística, publiquei obras como Historia Social da Lingua Galega (1999), As razóns do galego (2009) e Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística (2012; véxase http://academia.gal/documents/10157/27090/Henrique+Monteagudo.pdf).

Iniciei a miña militancia política no ano 1975 nas Xuventudes Comunistas, pero posteriormente exercín como militante de base en distintas organizacións do nacionalismo de esquerda (ANPG, UPG, Galicia Ceibe, BNG…), e con maiores responsabilidades no Partido Socialista Galego / Esquerda Galega (nos anos oitenta) e máis recentemente, en Compromiso por Galicia. Fun promotor do manifesto “Galego, Patrimonio da Humanidade” e participei na fundación da Iniciativa polo Ben Común. Colaborei regularmente nas páxinas do suplemento Luces, da edición galega do diario El País, entre 2006 e 2012.

Son membro do consello de redacción de Grial. Revista galega de cultura, desde 1988, e son o seu co-director desde 2003. Fun secretario do Consello da Cultura Galega e actualmente sono da Real Academia Galega.

http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/index.html

Artigos de Henrique Monteagudo no Foro OBenComún

A política lingüística contra o galego. A ofensiva neoliberal (1)

A política lingüística contra o galego. A ofensiva neoliberal (2)