Ribadense de 49 anos, xeólogo, doutor en Ciencias pola ETSI de Montes da UPM e especialista en medio ambiente. Colaborador como experto en ambiental do programa CORDIS da UE. Tralo paso pola consultoría privada e a docencia universitaria retornei a Galicia, á Mariña, no ano 2007. Interesado sempre pola sustentabilidade e o futuro do noso rural, traballo hoxe por ela desde o Sindicato Labrego Galego, aprendendo cada día daqueles que de verdade o coñecen.
Chegado á política tralo 15M, son ecosocialista e membro de Espazo.
Levo ó meu xeito -me deixo levar- un blogue persoal de variada temática dende fai cinco anos:
http://facendocamino.blogspot.com
Artigos de Iván Rodríguez Lombardero no Foro OBenComún