Manuel Dios Diz

Manuel DiosNacido en Santiago de Compostela en 1953, Manuel Dios Diz é mestre e profesor de instituto, actualmente xubilado. Licenciado en Xeografía e Historia,  e foi fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.

É autor de numerosas unidades didácticas relacionadas coa paz e a convivencia, de numerosos artigos publicados en revistas profesionais, director e guionista de documentais.

Membro do Clube de Roma, da asociación internacional Teachers for Peace, vicepresidente do Consello de Dirección da Fundación Cultura de Paz e do secretariado internacional do Foro Mundial da Educación, así como membro de outras asociacións e foros galegos, nacionais e internacionais.

Participou activamente no movemento sindical galego dende o ámbito da educación e o obreiro, representando ao sindicalismo galego en distintos foros e asociacións sindicais internacionais do ámbito da educación.

Na actualidade é vicepresidente da Cátedra UNESCO da Cultura de Paz e Dereitos Humáns da USC, tendo participado ou impulsado a organización de numerosos foros internacionais no ámbito da cultura e a educación para a paz.

Participou dende o primeiro momento na constitución de Compostela Aberta. Nas eleccións municipais de 2015 resultou elexido concelleiro da corporación municipal de Santiago de Compostela, onde na actualidade ostenta a responsabilidade das áreas de Educación e Cidadanía.

 

Artigos de Manuel Dios no Foro ObenComún

Intrusos