Luca Chao

Luca ChaoNacida hai 27 anos na cidade de Lugo e residente en Santiago de Compostela dende 2006 cando iniciou a carreira de Ciencias Políticas. Licenciada en 2011, continúa os seus estudos co Mestrado De Migracións Internacionais na Facultade de Socioloxía da Universidade de A Coruña (2011-2012), onde actualmente desenvolve a súa labor investigadora e docente no marco dunha bolsa predoutoral e como membro do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI). As súas áreas de traballo son as migracións internacionais, a participación política e a participación cidadá.

Nos últimos meses ven publicando artigos de opinión en Praza Pública, El Correo Gallego e Diagonal.

@LucaChao_

Artigos de Luca Chao no Foro OBenComún

Unha de cal e outra de area. Publicado o 5 de abril do 2016