No día mundial do cáncer: non esquezamos os determinantes sociais da saude

Begoña Graña

O catro de febreiro é o Día Mundial do Cáncer, unha das principais causas de morbi-mortalidade, con preto de 14 millóns de casos novos no 2012 e aproximadamente 9 millóns de defuncións en todo o mundo. As estimacións de poboación indican que o número de casos aumentarán nun 70% nas próximas décadas, chegando a preto de 24 millóns no ano 2035. En España estímanse un total de 228.482 casos novos de cáncer no 2017, sendo os tumores máis frecuentes o colorrectal, próstata, pulmón, mama, vexiga e gástrico [1].

No mes de maio do 2017, a asemblea xeral da  Organización Mundial da Saúde (OMS) aprobou a resolución  “Prevención e control do Cáncer mediante un Enfoque Integrado (WHA70.12)”[2], na que se insta aos gobernos a acelerar as accións para acadar os obxectivos especificados no “Plan de Acción Global de Prevención de Enfermidades Non Contaxiosas para o 2013-2020” có fin  de reducir a mortalidade por cancro [3]. O citado plan de prevención da OMS ten 9 obxectivos globais centrados na disminución do consumo de tabaco e alcohol, redución da obesidade, incremento de actividade física e accesibilidade á tecnoloxía en saúde e medicamentos indispensables [3]. Seguindo estas directrices, o Día Mundial do Cáncer do 2018 baixo o lema “#WeCanICan” [4] está dedicado por unha banda a concienciar a poboación para que evite os factores de risco modificables da enfermidade (tabaco, alcohol, obesidade..), e por outra banda a demandar un acceso equitativo a tratamentos oncolóxicos esenciais a prezos accesibles tanto para os pacientes como para a sociedade no seu conxunto. Sociedades científicas internacionais da área da Oncoloxía coma ESMO, ou SEOM en España, lanzan nestes días información e lemas nas redes sociais coma “A prevención do cancro está nas nosas mans” para contribuír a difundir estes obxectivos [5-6].

Recoñecendo a relevancia destas campañas de concienciación sobre a prevención do cáncer, preocupa que se centren en condutas individuais relacionadas có estilo de vida (consumo de tabaco, alcohol..) e non se faga mención explícita ós “determinantes sociais da saúde” e dicir, as circunstancias nas que as persoas nacen, medran, viven, traballan e envellecen, circunstancias que veñen establecidas por un conxunto amplo de forzas: económicas, sociais, normativas e políticas, recoñecidos pola propia OMS dende fai case unha década [7]. Os determinantes sociais da saúde son en gran parte responsables das desigualdades sanitarias: as diferenzas inxustas e evitables no estado de saúde vistos dentro e entre países. En xeral, canto menor sexa o estado socioeconómico dunha persoa, peor saúde terá. Existe un gradiente social de saúde que vai desde a cima ata o fondo do espectro socioeconómico. É un fenómeno global, observable nos países de alta, media e baixa renda. A existencia dun gradiente social da saúde implica que os determinantes sociais nos afectan a todos [8].

No caso do cáncer temos resultados concluíntes de estudios epidemiolóxicos que demostran que a mortalidade do cáncer diminúe en poboacións con mellor educación, maiores ingresos e menores desigualdades, políticas e programas activos de control do cancro e sistemas de saúde de alto rendemento, se as comparamos con poboacións que non dispoñen deses recursos [9]. Un estudio recente que analiza en máis de 2000 millóns de persoas distribuídos en 75 países o efecto do desemprego e do gasto público en saúde na mortalidade por cancro, conclúe que o incremento na taxa de desemprego está asociado ó aumento na mortalidade por cancro; pero en países cun sistema público de saúde e/ou que incrementan o gasto en saúde pública, existe un efecto protector na mortalidade por cancro en situacións de precariedade laboral. Os autores estiman que a crise económica de 2008-10 provocou preto de 260.000 mortes por cancro extra só na trintena de países que forman parte da Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) [10]. En poboación española temos tamén resultados de estudios epidemiolóxicos que relacionan un maior índice de “privación” socioeconómica (definida pola taxa de desemprego; baixo nivel educativo; taxa de traballadores manuais e traballadores temporais) cun aumento da mortalidade por cáncer [11].

O propio Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais e Igualdade (MSSSI) nun informe do 2015, recoñece que as enfermidades non se distribúen por casualidade e están profundamente determinadas pola estrutura social, política e económica na que vivimos,  facendo unha proposta de políticas e intervencións para reducir desigualdades sociais en  saúde en España que se resumen nos seguintes apartados [12]:

  1. Equidade en todas as políticas, financiamento xusto e gasto público para a equidade, poder político e participación, boa gobernanza global.
  2. Condicións de vida e traballo digno ao longo do ciclo de vida.
  3. Ambientes de promoción da saúde acolledores e accesibles, acceso a vivendas dignas, ambientes que favorecen hábitos saudables.
  4. Servizos de saúde que non causen desigualdades.
  5. Información, seguimento, investigación e ensino na prevención das desigualdades sociais.

Lamentablemente non temos datos do MSSSI en relación coa implantación destas propostas , e si dispoñemos de informes que falan do incremento da desigualdade social e pobreza en España nos últimos anos [13]. Fai só uns días a conservadora “Asociación Española Contra el Cancer” (AECC) difundía nos medios de comunicación un estudio feito polo seu observatorio no que se conclúe que o diagnóstico de cáncer pode ser unha causa e/ou agravante do risco socioeconómico para a subsistencia da persoa afecta e da súa familia. Estímase que o 11% das persoas diagnosticadas de cancro en España no 2017, tiveron unha situación de risco socioeconómico no momento do diagnóstico, ou que o diagnóstico oncolóxico xerou este risco. Estímase que preto de 25.000 persoas diagnosticadas de cancro ó ano están nunha situación de extrema vulnerabilidade (xa sexa por desemprego -con ou sen prestación-, sexan traballadores por conta propia, e / ou teñan baixos ingresos) representando o 27,7% do total de diagnósticos na poboación activa no 2017 [14].

Calquera aspecto da acción do goberno e da economía pode afectar a equidade sanitaria e sanitaria (finanzas, educación, vivenda, emprego, transporte e saúde, por citar seis), por iso cando os oncólogos transmitimos nos medios de comunicación que  “a prevención do cancro está nas nosas mans”[6], deberiamos  engadir que “está nas mans de todos”, determinada pola estrutura social, política e económica na que vivimos.

_______________________________________

REFERENCIAS

[1] GLOBOCAN 2012: Estimated Cancer Incidence, Mortality and Prevalence Worldwide in 2012. ARCI: OMS; Accesible en: http://globocan.iarc.fr/Default.aspx

[2] SEVENTIETH WORLD HEALTH ASSEMBLY.WORLD HEALTH ORGANIZATION.May 2017  Cancer Prevention and Control through an Integrated Approach (WHA70.12). Accesible en: http://apps.who.int/gb/ebwha/pdf_files/WHA70-REC1/A70_2017_REC1-en.pdf?ua=1#page=27

[3] GLOBAL ACTION PLAN FOR THE PREVENTION AND CONTROL OF NONCOMMUNICABLE DISEASES 2013-2020. © World Health Organization 2013 .Accesible en: http://www.who.int/nmh/publications/ncd-action-plan/en/

[4]  Union for International Cancer Control #WorldCancerDay #WeCanICan. Accesible en http://www.worldcancerday.org/

[5] ESMO Press Release: ESMO Supports World Cancer Day 2018. Accesible en http://www.esmo.org/Press-Office/Press-Releases/ESMO-Supports-World-Cancer-Day-2018

[6] SEOM “Prevenir el cáncer está en nuestras manos” Accesible en CanalSEOMTV https://www.youtube.com/watch?v=C6FcF–8pA4&feature=youtu.be y https://www.seom.org/es/noticias/106527-presentacion-del-video-prevenir-el-cancer-esta-en-nuestras-manos

[7] Comisión sobre Determinantes sociales de la salud – Informe Final. © World Health Organization 2009 .Accesible en: http://www.who.int/social_determinants/thecommission/finalreport/es/

[8] Where wealth matters more for health: the wealth-health gradient in 16 countries. Semyonov M, Lewin-Epstein N, Maskileyson D. Soc Sci Med. 2013 Mar;81:10-7. doi: 10.1016/j.socscimed.2013.01.010. Epub 2013 Jan 21.PMID: 23422055. Accesible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/23422055

[9] Social determinants of cancer incidence and mortality around the world: an ecological study.McDaniel JT, Nuhu K, Ruiz J, Alorbi G.Glob Health Promot. 2017 Mar 1:1757975916686913. doi: 10.1177/1757975916686913.[Epub ahead of print] PMID: 29187122  Accesible en : https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/?term=29187122

[10] Economic downturns, universal health coverage, and cancer mortality in high-income and middle-income countries, 1990-2010: a longitudinal analysis.Maruthappu M, et al. Lancet. 2016 Aug 13;388(10045):684-95. doi: 10.1016/S0140-6736(16)00577-8. Epub 2016 May 25. PMID: 27236345 Accesible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/27236345

[11] Cancer mortality inequalities in urban areas: a Bayesian small area analysis in Spanish cities.Puigpinós-Riera R, et al.  Int J Health Geogr. 2011 Jan 13;10:6. doi: 10.1186/1476-072X-10-6. Erratum in: Int J Health Geogr. 2011;10:27.Accesible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21232096

[12] Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Comisión para reducir las desigualdades sociales en salud en España.Avanzando hacia la equidad Propuesta de Políticas e Intervenciones para reducir las desigualdades Sociales en salud en España. Madrid 2015. Accesible en https://www.msssi.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/promocion/desigualdadSalud/docs/Propuesta_Politicas_Reducir_Desigualdades.pdf

[13] EAPN-ESPAÑA Red Europea de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social. EL ESTADO DE LA POBREZA SEGUIMIENTO DEL INDICADOR DE RIESGO DE POBREZA Y EXCLUSIÓN SOCIAL EN ESPAÑA 2008-2016. Informe 2017.Accesible en: http://www.eapn.es/estadodepobreza/descargas.php

[14] EL IMPACTO ECONÓMICO DEL CÁNCER EN LAS FAMILIAS EN ESPAÑA” RESUMEN EJECUTIVO OBSERVATORIO DEL CÁNCER AECC. Enero 2018 OBSERVATORIO DEL CÁNCER. Accesible en: http://observatorio.aecc.es/